Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Policía Local e Garda Civil intensifican os controis de alcohol e drogas antes do Nadal

control

A campaña, que arrancou este luns día 11 de decembro e se prolongará ata o vindeiro domingo 17, supón un incremento no número de controis de alcohol e drogas aos condutores ao longo de toda a semana coincidindo cunha época do ano na que se celebran gran cantidade de reunións con familiares, amigos e eventos de empresa nos que o alcohol adoita estar presente.

Os axentes establecerán diferentes puntos de control nas vías tanto no casco urbano como no rural e a calquera hora do día co fin de evitar que persoas que teñan inxerido bebidas alcohólicas ou teñan consumido drogas circulen polas estradas. Lembran en que “ao volante a única taxa segura é 0,0%.

O consumo de alcol mantense como a segunda causa concorrente máis frecuente nos sinistros de tráfico, estando presente en 3 de cada 10 accidentes con vítimas mortais en 2022. Ademais, máis da metade (51,9%) dos condutores falecidos na estrada en 2022 deron positivo en alcol, drogas ou psicofármacos, illadamente ou en combinación.

A sanción por conducir con presenza de drogas no organismo está castigada cunha sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos. No caso do alcol, mantense en 500 euros e catro puntos, agás se a taxa de alcol supera o dobre da permitida ou se son reincidentes, é dicir, aqueles condutores que fosen sancionados no ano inmediatamente anterior por dar positivo a alcol. Nestes dous casos a sanción é de 1.000 euros e catro ou seis puntos menos no carné.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará