Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Beatriz Rico chega ao Multiúsos co espectáculo “Pepa no me des tormento”

pepa

A actuación, que terá lugar este domingo ás 19:00 horas, está enmarcada dentro do ciclo Humor na súa tinta que chega a súa VI edición. As entradas pódense retirar online en venta anticipada ou no propio Multiúsos o día da actuación.
Beatriz Rico é a terceira das actuacións deste ciclo logo do musical dos 80 e o espectáculo “8 apellidos andaluces” que xa actuaron no Multiúsos en datas anteriores. Neste caso a actriz e monologuista métese no papel de Pepa quen se ve na difícil situación de ter que substituir á prestixiosa “coach” americana Deborah Letherman, ante un público que espera a súa charlas sobre Relacións Humanas e o seu impacto na Sociedade.
A cousa non sairá como se espera: Pepa perde os papeis e decide sincerarse co público e pedirlle axuda, é dicir, que aguanten no teatro hora e media e que non lle contén a ninguén o que ten acontecido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará