Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cesteiro de Pazos de Borbén, Álvaro M. Leiro recibe o Premio Nacional de Artesanía

alvaro leiro

Nos premios nacionais de artesanía 2023 resultaron premiadas tres iniciativas galegas. Así, ademias do recoñecemento ao cesteiro Álvaro M. Leiro, o obradoiro de tecido Inés Rir&Co (Allariz) gañou o galardón na categoría de Produto e a Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo Corazón da Artesanía.

É a primeira vez que o sector artesán galego resulta gañador en tres das cinco categorías destes galardóns e a terceira vez que un artesán de Artesanía de Galicia obtén o Premio Nacional de Artesanía, un galardón que recibiron o Obradoiro de Gaitas Seivane no ano 2013 e Elena Ferro no 2019.

Os Premios Nacionais de Artesanía están convocados anualmente a través da Escuela de Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a organización de referencia na promoción e no desenvolvemento  das empresas artesás españolas. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento e competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán.

O Premio Nacional de Artesanía 2023 recaeu no cesteiro Álvaro Leiro (Pazos de Borbén), que xa fora recoñecido co Premio Maestro Artesano Círculo Fortuny ao Mellor artesán de vangarda 2023. O seu traballo comeza coa investigación da artesanía tradicional vinculada á cestería en espiral, unha técnica empregada tradicionalmente para fabricar cestos e recipientes para transportar auga e alimentos. Desde o ano 2016 colabora coa firma Loewe, coa que entrou en contacto durante a celebración do Corazón da Artesanía de Agolada e desde aquela os seus deseños forman parte do catálogo de bolsos desta marca. No ano 2022, Loewe presentou no Salón do Moble de Milán un bolso inspirado nas corozas tradicionais galegas, unha das prendas máis antigas da vestimenta galega que se empregaba para protexerse da chuvia e do frío. Leiro participou tamén na colección de Loewe presentada no Salón do Moble de Milán 2023 a través da elaboración de bolsos/cestas elaborados con coiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará