Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior celebra a primeira edición da carreira popular e solidaria San Silvestre Fest

san silvestre

A carreira terá lugar o 30 de decembro a partir das 17:00 h. con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia única de 2km nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico. Convídase ás persoas participantes a doar un produto de alimentación non perecedoiro que será entregado a Cáritas Arcade. A inscrición debe formalizarse na páxina web do concello antes do 19 de decembro.

A Carreira Popular San Silvestre Fest forma parte do Nadal das Persoas en Soutomaior e está  destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e os menores de 14 anos se van acompañadons dun adulto durante o percorrido. As persoas inscritas deberán de recoller o seu dorsal a partir do 20 de decembro no Pavillón da Montesiña de luns a venres en horario de 16:30 a 21:30.

Unha carreira que levan consigo unha acción solidaria xa que voluntariamente as persoas que participen poder levar  un produto de alimentación imperecedoiro (preferentemente leite, aceite,…), a partires das 15:00 horas na Alameda de Talo Río o día da proba para facerlle entrega a Cáritas Diocesana de Arcade e Soutomaior para ser repartidos entre as persoas con especial vulnerabilidade.

Será unha carreira onde non haberá́ clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que terán o seu premio vencellado co mundo do deporte, tamén haberá 2 premio ao mellores disfraces infantís, ata os 10 anos, 2 premio ao mellor disfrace xuvenil, de 11 a 17 anos, 2 premios a mellor disfrace de persoas adultas e 2 premio ao mellor disfrace colectivo. A maiores, para todas as persoas participantes daráselle unha tarxeta de desconto 5€ en sesión de adestramento persoal ou dietética con Lidia Mariño.

A distancia da carreira será única e contará con 2km, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico, o circuíto será o seguinte: Alameda de Talo Río – Rosalía de Castro – Xosé Solla – Rúa Calvario – Cruceiro Calvario- Rúa Lameiriñas – Rúa do Velero – Rúa Barroncas – Rúa Rosalía de Castro – Talo Río.

Actividades complementarias

Na xornada do 30 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira practicar divertirse ou quentar, na Alameda de Talo Río, sen ter que inscribirse. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto ás 16.00 h terá lugar a Masterclass ZUMBA a cargo de AnimaOcio Miúdos, ás 16.30 h Masterclass bailes variados a cargo de Lucy Salsarrica  e ao finalizar haberá unha festa amenizada pola Disco Móbil DJ en Talo Río.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará