Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha familia de xabarís paséase polo centro urbano de Redondela

xabarins

Os feitos tiveron lugar na pasada madrugada e os animais, un grupo de catro individuos, foron guiados pola Policía Local cara a Portela. Non é a primeira vez que se produce un sucesos destas características xa que non é extraordinario que os xabarís baixen dos montes da contorna na procura de comida. Por outra banda, na mañá de hoxe a consecuencia do mal tempo das últimas horas desprendeuse parte do alumeado de Nadal na Avenida de Vigo en Chapela.

Axentes da Policía Local interviñan na pasada madrugada logo de seren advertidos da presenza dun grupo de xabarís que se atopaba cruzando o centro urbano da vila. Para evitar incidentes, o axentes foron guiando aos animais cara a zona da Portela. De feito, este ano xa se produciu algún sinistro a causa da presenza destes animais nas estradas do concello. De feito un xabaril foi atropelado meses atrás na N-550 á altura do Convento de Vilavella e en máis dunha ocasión téñense localizado na N-552 cruzando a vía á altura da Formiga en Cedeira.

Vertedura en Negros

Os axentes traballaron tamén na tarde de onte nunha vertedura de augas fecais ao río Maceiras tras un aviso recibido por unha veciña de Santo Estevo de Negros. Localizada a súa orixe nunha arqueta no camiño do Balado procedeuse a trasladar o aviso a Augas de Galicia e a empresa Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento, quen sospeitan que a vertedura podería ser consecuenica dun “atoramento na rede causado polas raíces das árbores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará