Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR cae na Cañiza

sar

Saeplast Cañiza 32-29 Sar Rodavigo

As mozas de Veronica Posadas non foron quen de imporse ao Oliveira Saeplast Cañiza nun partido de rivalidade e que supón un dos derbis galegos da competición. A próxima cita será na bomboneira este sábado día 9. As da SAR, situadas no noveno posto da División de Honra Prata reciben nesta ocasión ao equipo asturiano Siero Deportivo, situado na decimoprimeira posición.

O conxunto local púxose por diante con distancias bastante cómodas ao longo do encontro chegándose ao descanso cun marcador de 18-12. As da SAR foron recortando distancias tralo paso polos vestiarios e chegou poñerse a tan só dous goles de distancia a falta dun minuto para o final. Con todo, non houbo tempo para a remontada e o Cañiza lograría asinar o último tanto do encontro co definitivo 32-29.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará