Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela demanda incluír na humanización da Avenida Mendiño carril bici e beirarrúas ata o peirao  

avenida mendiño

Entre as melloras que contempla o proxecto que o Concello lle remitiu á Xunta ademais de novas beirarrúas con pavimento de pedra ata o porto de Cesantes demándase un novo estudo do tramo viario que permita manter o arborado, así como a incorporación de novas zonas verdes “para crear un ambiente o máis amigable posible con corredores verdes” e a creación dun carril bici “para fomentar unha mobilidade sostible”.

O Concello de Redondela remitiulle á Xunta de Galicia unha memoria con varias modificacións para a nova avenida Mendiño. O obxectivo destes cambios é o de “axustar o proxecto ás necesidades reais da cidadanía”, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas.

O proxecto servirá para reordenar a estrada e mellorar a seguridade viaria da avenida (PO-363), un tramo urbano dun kilómetro de lonxitude cun elevado tráfico ao conectar o centro da vila cos centros educativos, pavillóns, piscina e centro de saúde ademais de ser o principal acceso a praia de Cesantes.

Co obxecto de mellorar a seguridade viaria na zona dende o concello propoñen entre outras medidas construír novas beirarrúas con pavimento de pedra ata o porto de Cesantes, realizar un novo estudo do tramo viario que permita manter o arborado, así como a incorporación de novas zonas verdes “para crear un ambiente o máis amigable posible con corredores verdes” e crear un carril bici “para fomentar unha mobilidade sostible”.

O concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, explica que pretenden “acentuar o carácter humanizado da vía, con protagonismo do cidadán sobre o vehículo e con solucións aos problemas de tráfico cunha visión máis humanizada”.

Coa elaboración desta memoria o Concello redondelán cumpre así co compromiso adquirido por Digna Rivas na reunión celebrada o pasado mes de novembro coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que lle trasladaron as demandas da veciñanza e formacións políticas. Rivas lembra que a Xunta anunciou en 2019 a humanización desta avenida Mendiño “sen que ata o de agora se puxeran en marcha os traballos”. No Concello son agora “moderadamente optimistas” dado o interese mostrado por parte da conselleira “malia que advertiu que os investimentos estarán condicionados polos fondos europeos NextGeneration”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará