Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro redúcese en Redondela pero o desemprego en mulleres duplica ao dos homes

paro

Galicia destruíu 4.287 empregos en novembro, con todo en Redondela o dato da Consellería de emprego correspondente ao último mes deixa un lixeiro descenso no número de desempregados. Así a día de hoxe serían 1501 as persoas inscritas nestas listas do paro. Unha  situación que afecta de cheo as mulleres, xa que o desemprego é maioritariamente feminino: 956 mulleres fronte a 545.

O bo tempo que se prolongou máis do habitual permitiu que o sector servizos prolongara contratos beneficiando así ao mercado laboral en toda Galicia en setembro e outubro. Con todo, a actividade da hostalaría si destruíu emprego neste último mes.

No caso de Redondela a situación non é a mesma quizais polo menor peso do sector servizos na nosa bisbarra. Así a variación foi positiva respecto ao mes anterior formalizándose 18 novos contratos o que sitúa o número de desempregados en 1501, unha cifra que con todo é peor que hai un ano cando o desemprego ascendía a 1395.

En Pazos de Borbén a variación tamén é positiva con 178 desempregados, sete menos que en outubro, case mesma variación que en Fornelos de Montes onde o número de persoas paradas é de 126, seis menos respecto do mes anterior.

En Soutomaior si hai un lixeiro incremento con catro parados máis, situándose o número de desempregados en 457.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará