Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

58/885, un libro do IES Mendiño para visibilizar e pór en valor ás mulleres Nobel

libro 58 alumnado

A alumnado participante asistiu á presentación do libro no propio IES Mendiño

O texto, coordinado pola profesora Almudena Suárez Cerviño, denuncia a inxustiza que supón que tan so o 6% dos Nobel entregados ao longo da súa historia foran a man das mulleres e serve para pór en valor os logros acadados por esas 58 mulleres (60, se engadimos as dúas galardoadas o ano pasado) que si se fixeron cun deses premios en campos tan diversos como a literatura, a paz, a medicina, a física ou a química. Presenza aínda máis residual no campo da economía con tan só dúas mulleres Nobel, Elinor Ostrom en 2009 e Esther Duflo dez anos despois.

Almudena Suárez, profesora coordinadora do libro

Un libro que serve para preguntarse porqué as mulleres están infrarrepresentadas nestes ámbitos e porqué o seu traballo é menos recoñecido que o dos seus colegas homes (58 mulleres Nobel fronte a 885 homes). Co obxecto de poñer sobre a mesa esa desigualdade, Suárez Cerviño decide trasladalo á aula e traballar coa rapazada para crear unha publicación que ten unha tripla finalidade “didáctica, para coñecer a vida destas gañadoras; referencial, para servir de espello no que mirarse as nosas alumnas e de denuncia, para poñer de manifesto a desigualdade que existe na nosa sociedade e o longo camiño que queda por percorrer ata acadarmos a tan desexada igualdade”.

Crear referentes

A presentación do libro tivo lugar nun acto celebrado no IES Mendiño no que participou tamén a alcaldesa, Digna Rivas, quen gabou o traballo realizado polo alumnado baixo a dirección de Almudena Suárez e editado polo Concello que deu lugar a “un dos libros máis importantes do municipio, por como nace como resultado dun traballo conxunto e tamén polo seu contido, xa que serve para denunciar esa invisibilización da muller en todos os ámbitos e tamén nos prestixiosos premios Nobel”.

Digna Rivas ,alcaldesa

Un traballo no que a participación do alumnado foi fundamental, xa que foron os rapaces e rapazas de relixión de 4º da ESO e os de 1º de Bacharelato os encargados de redactar as biografías que se recollen no libro así como elaborar as ilustracións que representan a cada unha das mulleres Nobel.

Nomes algún deles moi recoñecibles como Marie Curie, primeira muller en recibir un destes galardóns no ano 1903 na disciplina de Física polos descubrimento de elementos radiactivos, a chilena Gabriel Mistral, que recibía o Premio Nobel de Literatura no ano 1945 ou Teresa de Calcuta, Nobel da Paz no 1979.

Pero tamén outros moitos nomes menos coñecidos entre os que atopamos a Betty Williams, Alva Myrdal, Shirin Ebadi, Malala Yousafzai e así ata completar unha listaxe de 58 nomes que pecha María Ressa, Nobel de Paz no ano 2021.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará