Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acollerá o sector cadete feminino

sar cadete

O pavillón da Bomboneira acollerá do 24 ao 26 de maio os partidos correspondentes ao sector D nacional no que participan as redondelás da SAR Rodavigo quen se enfrontarán aos equipos de Sanse (Madrid),  Aceuchal (Extremadura) e Aula Valladolid Bar Eskua (Castela e León). O equipo cadete feminino de Redondela clasificouse para o Campionato de España tras proclamarse Subcampión da Liga Ouro.

Cando as mozas de infantil tanto da SAR como de Chapela van camiño dos seus respectivos destinos –Tarragona no caso da Sar Rodavigo e Zaragoza no caso de Pinturas proa Balonmán Chapela- para disputar o sector nacional do Campionato de España Infantil Feminino, as cadetes da SAR non terán que desprazarse unha vez que se ven de confirmar que será Redondela onde se dispute este sector que se celebrará do 24 ao 26 de maio.

O equipo cadete feminino Sar Rodavigo será polo tanto anfitrión dun sector no que tamén está presentes os conxuntos Sanse de Madrid, Aceuchal de Extremadura e o Bar Eskua de Valladolid.

A Segunda adestradora do equipo redondelán Lu Groba confía en facer un bo papel cun grupo de xogadoras que xa coñecen a sensación de competir nun sector no que participaron hai un par de anos e apunta que “disfrutar dun novo sector na Bomboneira con este equipo dame moi boas vibracións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará