Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Cardoso: “Conseguida a salvación queremos chapelizar o Campito FS”

440854007_122146962464105837_3629408327890636596_n

O equipo sénior do Campito Chapela FS rematou a tempada en Preferente nun décimo terceiro posto. Algo que podería non parecer demasiado notable ou chamativo, senón fora pola intensa traxectoria desta tempada. Cando parecía que todo estaba perdido, a vitoria no derbi fronte ao Redondela FS salvou ao equipo do descenso e agora, con máis ilusión ca nunca, queren seguir crecendo e “chapelizar” o club para afianzar unha base con xogadores e xogadoras da parroquia que sexan o futuro da entidade deportiva.

Tras unha tempada entrando e saíndo dos postos de descenso, conseguiron a permanencia grazas ao último partido que foi, precisamente un derbi, contra o Redondeal FS. O domingo 12 de maio o Pavillón Municipal de Redondela encheuse de afección futboleira para presenciar un encontro moi intenso e emocionante. O resultado foi de 7 fronte a 3, a favor dun Campito que dominou o partido dende a primeira parte.

“Estabamos tensos porque nos xogábamos a permanencia”, José Cardoso.

O presidente, José Cardoso, sinala o resultado como un logro “de todo o club”, porque foi grazas ao apoio do equipo xuvenil que puideron completar a plantilla e superar os atrancos. Agradece ao adestrador dos xuvenís “a súa axuda “e aos xogadores “o seu compromiso e constancia”.

“Foi un ano difícil para xuntar unha plantilla competitiva”, José Cardoso.

O obxectivo de cara ao ano que vén é dar continuidade ao equipo sénior coas incorporacións do xuvenil e que se asenten na categoría superior. Ademais, algo importante para a directiva sería “captar xogadores da parroquia e consolidar unha base coa que poder alcanzar retos maiores de cara ás seguintes tempadas”. 

“Chapelizar o club, porque históricamente temos moita participación viguesa pola proximidade coa cidade”, José Cardoso.

Unha das formulas que plantexan para a captación de socios federados é o Campamento de Verán, que organizan por primeira vez este ano. O prazo de inscrición xa está aberto terá lugar durante a última semana de agosto e a primeira de setembro. Sinalan tamén o Torneo Berete e o Torneo Beretiño como un dos eventos de maior éxito para dar a coñecer o deporte entre a rapazada e promocionar o club.

“Esta é a primeira vez que facemos un Campamento de Verán”, José Cardoso.

O Campito Chapela FS está un ano máis en preferente coa mirada posta en facer crecer o club, aumentar a plantilla do sénior e mellorar os resultados, sempre priorizando a deportistas da parroquia de Chapela e consolidar unha base con futuro.

Entrevista completa con José Cardoso.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará