Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Comunidades de traídas de augas recibirán axudas por valor de 30.000 euros

comunidade de augas

O BNG amosa a súa satisfacción porque o Concello aprobe estas subvencións “resultado dos acordos do goberno local cos nacionalistas para facilitar a aprobación dos orzamentos municipais”. Consideran que se trata dun primeiro paso “no apoio do concello con estas entidades que subministran auga para o consumo humano a milleiros de veciños e veciñas” e que beneficiará a un total de 30 Comunidades.

O voceiro nacionalistas, Xoán Carlos González salienta a importancia destas subvencións e lembra que a chegada de Javier Bas á alcaldía supuxo a eliminación das mesmas “dende aquela as Traídas están atravesando unha grave situación porque o modelo de autoxestión non contaba con apoio municipal”. Afirma que o financiamento ás Traídas de Auga “logrouse malia as reticencias do PSOE porque dende o BNG establecémolas como condición indispensábel para que os orzamentos se aprobaran”, destacou.

Un total de trinta entidades de todo o concello poderían verse beneficiadas por estas axudas, “que neste primeiro ano chegan a un total de 30.000€”. Así, proxectos como a captación da augas, procesos de potabilización e almacenamento, ou o sistema de distribución de auga potable recibirán as axudas en base a un baremo establecido nas bases. Tamén se incluirá a elaboración de proxectos ou gastos de asesoría todos eles referidos ao ano 2022.

Valora positivamente González ter recuperadas as o subvencións ás Traídas de Auga, porque desenvolven un papel de suma importancia na subministración de auga apta para o consumo humano a centos de fogares redondelás e anuncia que no caso de que o BNg chegara a alcaldía “ao longo do vindeiro mandato imos multiplicar a partida correspondente a estas axudas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará