Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de risoterapia e autocoidado en Soutomaior

obradoiros

A concellería da Muller ofrece un curso que leva por nome “Calma na alma” que busca traballar técnicas de respiración para relaxar o corpo e aprender a xestionar axeitadamente as emocións, para así reducir a ansiedade e o estrés. O obradoiro comezará o luns 20 de febreiro en horario de 10:00 a 11:30 horas no edificio multiusos de Arcade e prolongarase ata o 24 de abril. Por outro banda tamén está en marcha un obradoiro de risoterapia orientado a maiores da localidade.

O curso de autocoidado parte da concellería de igualdade tras constatar a necesidade de traballar diferentes técnicas que axuden a xestionar as consecuencias de vivir nun mundo complexo e acelerado con demandas externas constantes e perturbadoras que derivan en estrés, ansiedade, baixo rendemento laboral, baixa capacidade de concentración e como resultado desequilibrio físico e mental. Para se inscribir no curso Calma na alma compre realizar unha inscrición previa na páxina web do concello ou por teléfono ó CIM 986701227 antes do 17 de febreiro.

Risoterapia

Tamén esta en marcha outra actividade destinada a terceira idade. Un obradoiro de risoterapia para axudar aos maiores a pasalo ben e vivir a vida cun sorriso.  A iniciativa terá lugar os xoves de 17:00 a 18.30 horas no centro da Terceira Idade de Talo Río e arranca este día 16 de febreiro.

A inscrición debe facerse na páxina web do concello ou chamando ao CIM no teléfono 986 701 227.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará