Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS queda fora da Copa Galicia tras perder ante o Noia

pazosfs copa galicia

O Pazos non foi quen de parar a todo un equipo de primeira división como o Noia Portus Apostoli FS que se levou o triunfo merecidamente por 1-8.

Unha primeira parte máis igualada malia chegar ao descanso xa cunha desvantaxe de 0-3 a favor dos visitantes. Na segunda parte os de Pazos arriscaron e subiron a defensa ante todo un Primeira división, e a falta de 10 minutos Luís facía o 1-3 que levantaba o xúbilo na bancada e facía soñar coa remontada, pero 1 minuto despois golpe de realidade visitante para facer o 1-4.

A falta de 4 minutos os locais apostaron polo xogo de porteiro/xogador que non deu bo resultado como amosa o marcador final de 1-8 que apea ao Pazos de Copa Galicia.

Con todo, dende a Sociedade deportiva pazos salientan o espectáculo e a xornada de festa que se vivía no pavillón “unha hora antes do encontro xa se escoitaban berros de ánimo e durante todo o foi unha verdadeira festa con 600 persoas que non pararon de cantar, tocar trompetas e aplaudir” polo que agradecen a afección o apoio que sempre lles amosan.

Por diante, unha fin de semana de descanso que lles servirá para preparar para o derbi que terá lugar dentro de dez días, cando reciban ao Redondela Maramar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará