Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Cesantes cede as súas imaxes dos anos 50 e 60 ao Arquivo audiovisual de Redondela

arquivo-1

Heliodoro Barros Miguez, mariñeiro de Cesantes, cedeu un total de 22 imaxes da súa colección privada que estarán a disposición do público tanto nas redes sociais como en papel no propio arquivo municipal. Dende o Concello fan un chamamento á veciñanza para que acheguen as súas fotografías a este servizo o que facilitará a súa conservación e transmisión a xeración vindeiras.

O arquivo audiovisual de Redondela ven de ampliar así o seu fondo grazas á cesión deste veciño cuxa vida estivo sempre ligada ao mar como mariñeiro de altura (navegando por Ceuta, Illas Canarias, Cádiz e ata Exipto e a Canle de Suez) e despois con traballos de baixura na ría de Vigo, dedicado ao marisqueo. As imaxes foron dixitalizadas e pasan a engrosar o arquivo do concello que conta a día de hoxe con preto de 77.000 imaxes segundo sinala a súa responsable, Ana Gesteira.

Nos vindeiros días todas as fotografías faranse públicas e difundiranse tanto nas redes sociais coma en papel nas dependencias municipais do propio Arquivo. Para consultalas na web poderase facer a través do Instagram e o Facebook do Arquivo. Nese momento “será traballo de toda a veciñanza poder axudar a recoñecer persoas, momentos ou lugares que aparecen nas imaxes, recompoñendo así entre todos a Historia do noso municipio” sinala a responsable do Arquivo.

Dende Concello agradecen a Heliodoro Barros esta colaboración, e animan á veciñanza a sumar ao Arquivo as imaxes que poidan ter na casa. “Deste xeito, entre todos e todas, gardaremos a nosa memoria visual”, salienta a alcaldesa, Digna Rivas. “Notamos nos nosos fondos unha carencia de fotografías das parroquias, e por iso queremos pedir ás persoas que poidan ter nas súas casas fotografías das parroquias de Redondela que se poñan en contacto co Arquivo municipal”, engade Rivas. As fotografías seguirán estando nas casas dos seus propietarios e propietarias, pero haberá unha copia custodiada no Concello que coidará da súa conservación e transmisión ás xeracións vindeiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará