Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto institucional para conmemorar o Día das Letras Galegas

castelao

O acto institucional co gallo das Letras Galegas será o propio venres, día 17, e contará coa participación de varias alumnas dos colexios de Cedeira, Reboreda e Porto Cabeiro, que será as encargadas de ler textos sobre a figura e obra da homenaxeada este ano, a escritora Luísa Villalta. Realizarase a tradicional ofrenda floral na estatua de Castelao, e interpretaranse pezas musicais de violín para homenaxear á que fora violinista, escritora e mestra. O acto comezará ás 11.00 horas na Alameda Castelao.

A programación cultural do venres, centrada no Festival Internacional de Títeres, ofrece unha xornada completa de actividades e monicreques en galego. O multiinstrumentista Pulpiño Viascón ofrecerá o concerto “Dallecopé” ás 12.00 e ás 13.30 horas os soportais do Concello. A compañía Trécola Porducións porá en escena a obra “Coa música a outra parte” un espectáculo don monicreques de luva na que mesturan diversión e provocación. Será ás 12.30 na Praza da Casa da Torre. Pola tarde haberá unha dobre cita, ás 19.00 horas. Os redondeláns Tanxarita Títeres presentarán a obra “Titiricircus” no Salgueiral, e Teatro ó Cubo propón a peza “De Vilatriste a Vilalegre” na praza do Concello.

Por outra banda, o Concello enmarca tamén nesta programación en torno ás Letras galegas as actividades que se están a desenvolver nos colexios cos contacontos ilustrados sobre Luisa Villalta a cargo de Polo correo do vento así como a repetición da experiencia “Unha semaniña enteira” que promove que a rapazada de primaria falen o galego as 24 horas, os setes días da semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará