Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior habilita 75 novas prazas de aparcamento gratuíto

zona aparcamento arcade 01

As novas prazas de estacionamento entrarán en funcionamento este verán. Ubicaranse por unha banda, na rúa Xosé Solla, e suporá incrementar en máis de 60 prazas a oferta actual no núcleo comercial de Arcade. A outra nova zona de aparcamento gratuíto está ubicada na contorna da rúa Forneira. Un espazo que xa está dando servizo tanto aos espazos de restauración como as zonas de ocio con 20 novas prazas de aparcamento.

O concelleiro de Urbanismo, Pablo Garrido, quixo “agradecer a colaboración e axuda dos propietarios das parcelas que cederon de maneira desinteresada e gratuíta os seus terreos para mellorar o día a día e a vida á veciñanza do noso concello, o aparcamento da Forneira xa está habilitado e o de Xosé Solla estará listo para este verán”. O concelleiro engadiu que na “actualidade seguimos con negociacións de fincas para incrementar as prazas de aparcamento gratuítas, nos vindeiros meses poderíamos estar falando de 50 prazas de aparcamento novas, de confirmarse esta noticia estariamos duplicando as zona de aparcamento na zona urbana do concello”.

Pola súa banda o alcalde, Manu Lourenzo, salientou que esta medida supón dar resposta ás demandas da cidadanía ante a necesidade de crear novas bolsa de aparcamento que suporán unha importante mellora tanto para veciños como para o comercio local”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará