Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas insta á Asociación de Empresarios a que presente as alegacións que estime oportunas

pxom

As declaracións do presidente do Colectivo Empresarial, Enrique lago nas que lamentaba a carencia de previsión de futuro no PXOM de Redondela ao “non recoller posibilidades de crecemento industrial, nin comercial e nin sequera residencial” e criticaba a escasa participación por parte da sociedade na súa elaboración xa teñen resposta. A alcaldesa Digna Rivas asegura que “en canto solicitaron unha xuntanza co equipo redactor do PXOM puxemos data para abordar todas as cuestións que consideren necesarias para o futuro de Redondela” e anima á Asociación de Empresarios e á veciñanza en xeral a que presenten as alegacións que estimen oportunas

A alcaldesa defende que o seu goberno “está aberto a reunirse coa Asociación de Empresarios e todos aqueles colectivos e asociacións que así o soliciten, xunto co equipo redactor, para dar toda a información que se solicite”. A rexedora sinala que en canto a Asociación Empresarios solicitou unha xuntanza co equipo redactor “xa puxemos data para abordar todas as cuestións que consideren necesarias para o futuro de Redondela, porque ese é tamén o interese desde goberno”. Sobre as carencias do Plan enumeradas dende o Colectivo Empresarial, Rivas defende que este PXOM “é algo positivo para todos, tanto para a veciñanza como para o futuro das empresas e a industria xa que Redondela levaba 30 anos sen un planeamento urbanístico”.

Desde o Concello lembran que os plans urbanísticos son documentos técnicos “e é a Xunta de Galicia a que establece cales son as directrices e aproba o planeamento segundo o seu modelo de ordenación territorial.” En todo caso desde o Concello animan á Asociación de Empresarios e á veciñanza en xeral a que presenten as alegacións que estime oportunas “a prioridade do goberno local é facilitar todos os medios posibles á veciñanza para que coñezan o plan, que teñan toda a información e poidan facer as súas alegacións e tempo e forma” .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará