Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CCD Cesantes celebra a II Bandeira “Coterena” de Traiñas Veteráns

287235773_2357345814404371_2549480837129440011_n

Foto de MAChremo

O CCD Cesantes Remo organiza este venres 17 de maio a II Bandeira “Coterena” de Traiñas Veteráns Masculina e Feminina, quinta proba do calendario provincial de veteranos, que comezou 0 1 de maio na Pobra do Caramiñal tras rematar a campaña de bateis. A cita comezará ás 11:30 horas no Peirao de Cesantes coa participación de 8  clubs da zona Territorial Sur na proba masculina e 2 na feminina.

Entre os clubs participantes atópanse, ademais do anfitrión, o CR de Chapela, CR Cabo de Cruz, CR Puebla, CR Vila de Cangas, SD Samertolameu, CR Muros, CR Rianxo e CR Esteirana. Todos eles compartirán un “picoteo” ao rematar a regata, como cumio da competición e para gozar da compañía dos máis de 100 remeiros e remeiras que se xuntarán nas augas da Enseada. Cabe destacar que o CR Celeiro non pode participar nesta proba, pero si continuará no resto de citas.

A seguinte cita da Liga Traiñeiras en categoría veteranos está previsto en Muros o 25 de maio, e continuará en Cangas, Esteiro, Celeiro e Rianxo. Por utra banda, o Campionato Galego desta modalidade xa ten data. Celebrarase en Bueu o fin de semana do 8 e o 9 de xuño entre as embarcacións clasificadas despois dos resultados da Liga.

Por outra banda, tamén deu comezo  a Liga Galega de Traiñeiriñas que tiña previsto celebrar a súa última regata esta fin de semana tamén en Cesantes, sen embargo a proximidade da proba do campionato Galego de Traiñeiriñas obrigou a suspender esta competición. Os clubs da zona sur, sen contar o CR de Chapela, decidiron non participar e prepararse para o galego que se celerará en Tirán o sábado 18 e domingo 19 de maio.

Dende a directiva din que “ a pesar do mal tempo a regata non se suspende. Tería que vir unha cicloxénese explosiva para que non se celebre”. OCCD Cesantes animan a veciñanza e afeccionados a achegarse ao Peirao de Cesantes e gozar dun día en torno ao deporte e “se chove que chova”.

Entrevista a Jorge Crespo, presidente do CCD Cesantes.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará