Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Baloncesto de Redondela celebra a X edición do Torneo Interescolar

WhatsApp Image 2024-05-13 at 16.30.45

O Torneo interescolar terá lugar no pavillón da Marisma os días 24 e 25 de maio e está pensado para a rapazada dos centros de Educación Primaria e Secundaria de Redondela e Soutomaior. A entrada ao evento é libre, pero para participar precísase a inscrición previa dos equipos antes do 16 de maio.

Esperase unha participación entorno a 400 escolares e os equipos deben formarse entre compañeiros e compañeiras dos centros educativos e inscribirse de forma conxunta para organizar as quendas e partidos dentro do torneo. A xornada do 24 de maio está dedicada ao alumnado de Educación Secundaria e os equipos a formar son para as categorías Infantil (1º e 2º) e Cadete (3º e 4º). O día 25 de maio tócalle ao alumnado de Educación Primaria e dividindo as quedas por categorías que van dende Babi (1º e 2º) a Benxamín (3º e 4º) e Alevín (5º e 6º). Segundo explica a presidenta do Club, Paula Fernández, “as familias deben facerse cargo de levar ao participante ata o Pavillón A Marisma e logo recollelo. Alí estará, mentres dure o torneo, cun monitor do Club Baloncesto Redondela”.

A proposta que ofrecen aos docentes é a de traballar o deporte do baloncesto nas sesións lectivas co obxectivo de dalo a coñecer entre o alumnado e para poder formar un ou varios equipos do colexio ou instituto para participar nas distintas categorías do torneo. Dende a directiva explican que “ademais do torneo, o resto do ano dedícámonos a visitar os colexios para divulgar esta práctica deportiva”.

O obxectivo desta iniciativa é xerar afección e paixón polo baloncesto, así como promover a presenza do club baloncesto Redondela na súa área de influencia e xerar sinerxias entre o club e o tecido social e educativo de Redondela .”Trátase de xuntar á familia do CB Redondela e celebrar unha gran festa. Os socios e socias axudan como monitores, adestradores e mesmo vendendo rifas”.

Esta edición cadra co 15 aniversario do club, que crece cada ano, e tamén teñen como propósito recadar cartos para unha festa de celebración. “Haberá moitas sorpresas e os pais e as nais estarán tamén moi involucrados coa loxísitica e a apertura da cantina”.

O alumnado que desexe participar no torneo representando ao seu colexio debe presentar o impreso, dispoñible no Facebook do Club de Baloncesto de Redondela, antes do día 16 de maio ao correo c.b.redondela.chapela@gmail.com ou tdeportivocbr@gmail.com Tamén vía Whatsapp no 722 617 212.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará