Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As infantís da SAR e do Chapela rumbo ao Campionato de España

Diseño sin título

Fotos das xornadas que deron o salto o sector nacional tanto ás intantís da SAR como do BM Chapela

A Real Federación Española de Balonmán organiza do 16 ao 19 de maio a competición dos oito sectores nacionais do Campionato de España Infantil Feminino, repartidos en diferentes puntos do país. As infantís do Pinturas Proa Balonmán Chapela e da SAR Rodavigo participarán dentro do sector C (Zaragoza) e D (Tarragona), respectivamente.

O Pinturas Proa Balonmán Chapela (2º clasificado de Galicia) logrou o pase directo tras quedar clasificadas no segundo posto na Liga Ouro Infantil. Está encadrado no grupo C que se disputará en Zaragoza, e terá como rivais na primeira fase ao SPL Tiñosa Porto do Carmen (1º clasificado  de Canarias) e Terra de Mestres Antequera (3º clasificado de Andalucía). Un sector no que tamén participarán no outro subgrupo o Subministracións Eivissa HCE (1º clasificado de Baleares), Hanbol Paiporta (2º clasificado da Comunidade Valenciana) e O Pilar Maristas (2º clasificado de Aragón).

A SAR Rodavigo (4º clasificado de Galicia), gañador da Final4  Galicia en Culleredo, quedou encadrado no sector D que se disputará na localidade de Tarragona, e que terá como rivais na primeira fase ao Academia Helvetia Alcobendas (1º clasificado de Madrid) e a Elda Prestigio Azul (4º clasificado da Comunidade Valenciana). No subgrupo atópanseo EMD Aceuchal (1º clasificado de Estremadura), Otazuri Taberna Pulpo E.K (4º clasificado de Euskadi) e CH Ascó (2º clasificado de Cataluña).

As rapazas dos equipos redondeláns xa se están preparando para saír cara os seus sectores. A SAR sae desde Redondela o Mércores ás 18:00h para chegar ao aloxamento en Tarragona ás  8:00h despois de 14 horas de viaxe en autobús. Mentres que o BM Chapela sae o xoves ás 06:00h da mañá para facer unha viaxe de 10 horas cara Zaragoza.

En canto aos horarios, na primeira fase da competición, o Pinturas Proa Balonmán Chapela medirase o venres 17 de maio ao Tiñosa Porto do Carmen ás 17:30h e pechará a fase de grupos o sábado 18 de maio ante o Tierra de Maestros Antequera ás 10:30h. Pola súa banda as rapaza da SAR comezan o xoves 16 de maio contra o Alcobendas ás 20:30h e o sábado enfróntanse ao Elda de Alicante ás 13:15h. O domingo xogaríanse os cruces, dependendo da clasificación de cada grupo.

Dos equipos galegos que se clasificaron para o Campionato de España, ademais dos da SAR e o BM Chapela, tamén se atopan o Mecalia Guardés (1º clasificado de Galcia) e o Balonmán Culleredo Sutenor (3º clasificado de Galicia), pero en distintos sectores. A Fase Final disputarase entre os gañadores dos oito sectores e esta previsto que se celebre do 29 de maio ao 2 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará