Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Redondela quéixanse polo incremento dos botellóns e o escándalo nocturno

botellón

A policía local confirma que son moitos os veciños que durante a fin de semana denuncian unha situación que se está a xeneralizar durante o último mes. A zona da rúa Prata, con varios locais de ocio nocturno e en pleno centro da vila é unha das máis afectadas. Pero non a única. O adro da Igrexa, a praza de Santiago, a Alameda ou a zona do Peirao tamén son puntos de encontro para mozos e mozas que se reúnen nestes espazos a beber. Fontes policiais apuntan que carecen de efectivos para actuar ante concentracións que as veces superan as 300 persoas.

Os botellóns regresaron ás noites redondelás e fixérono con forza. A relaxación das medidas contra a Covid, o bo tempo e as gañas de festa únense nas fin de semana e fan que sexan moitos, maioritariamente xente nova, os que se xunta a beber na rúa. Ducias ou incluso centos de persoas que se concentran en diferentes puntos da vila para facer botellón.

Os puntos máis conflitivos son aqueles nos que a diversión dos máis novos choca co dereito ao descanso dos veciños. Unha situación que se produce principalmente na zona da rúa Prata, onde os clientes dos bares acaban na rúa unha vez pechan os locais. Segundo os residentes os mozos quedan fóra dos locais o que se traduce en escándalo nocturno e nalgúns casos en comportamentos aínda máis incívicos “berran, cantan e mexan nos portais, é algo que se repite practicamente todos os sábados” aseguran algúns dos afectados.

Na policía local son conscientes da situación “recibimos numerosas chamadas queixándose do ruído e deste comportamento”. Con todo, aseguran que o único que poden facer é desprazarse ao lugar co obxecto de que a súa presenza desanime aos mozos e seguir co botellón, pero insisten en que “non contamos con efectivos suficientes para desaloxar botellóns como o desta fin de semana na Rúa Praza onde había máis de 300 persoas en toda a rúa”. Os axentes aproxímanse a zona e comproban que non hai altercados, pero non disolven estas concentracións.

Unha práctica que parecía erradicada nos últimos tempos, pero que regresou con forza nas últimas semanas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará