Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Optimismo nas Anpas ante o novo debate no Parlamento para dotar a Redondela dun Bacharelato de Artes

artes

Esta semana o Parlamento de Galicia ten unha segunda oportunidade para aprobar o inicio dos trámites necesarios para implantar o Bacharelato de Artes en Redondela. Malia que na primeira ocasión a proposta non saíu adiante ao votar en contra o PP, dende as ANPAs son optimistas unha vez que os populares de Redondela si se sumaron no pleno ao resto dos grupos e de xeito unánime amosaron a necesidade de que esta modalidade se implante nalgún dos institutos da vila.

A proposta de Bacharelato de Artes para Redondela está baseada na demanda real que existe destes estudos, do sobreesforzo que teñen que realizar a rapazada interesada en cursalo ao ter que desprazarse até Vigo, Pontevedra ou Mos e, tamén, á entidade poboacional de Redondela. De feito, concellos con menor poboación coma Mos ou Ponteareas contan con esta modalidade no bacharelato.

berto Covelo, representante da ANPA do Mendiño

Unha proposta que este mércores o deputado do BNG, Manuel Lourenzo, defenderá por segunda vez na Comisión 4ª de Educación. Na anterior ocasión a proposta non obtivo votos suficientes ao contar co voto en contra do PP.

A situación agora é diferente, unha vez que o pasado mes de xuño, o pleno municipal de Redondela aprobou por unanimidade unha proposta presentada polas ANPAs de Redondela onde se solicitaba o Bacharelato de Artes e se instaba á Xunta de Galicia, competente na materia, a iniciar os trámites para a súa implantación. Neste sentido, explican dende a Anpa do Mediño que agardan que a proposta reciba os votos favorables dos tres grupos do Parlamento, tamén presentes no Pleno municipal.

Os grupos políticos no pleno amosaron por unanimidade o seu apoio a esta proposta das Anpas

Insisten que o Bacharelato de Artes para Redondela é unha cuestión de xustiza, sendo Redondela como é un referente en canto a actividades, eventos, agrupacións, profesionais e empresas culturais que merecen unha formación regrada pública, gratuíta e de calidade desde o Bacharelato.

Desde as ANPAs de Redondela agardan que os grupos representados no Parlamento (PP, BNG e PSOE) estean á altura e non marxinen a Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará