Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á limpeza simultánea en ríos da provincia

LIMPEZA

Unha iniciativa que se vai desenvolver o vindeiro domingo día 26 ás 10:00 horas en ríos de toda Galicia e que no caso de Redondela centrarase no río Pexegueiro no centro da vila convocados polo colectivo Artelixo e no río Maceiras en Chapela, neste caso organizada pola Asociación de veciños da parroquia. En ambos os dous casos colabora o concello de Redondela. Unha xornada medioambiental que leva por título Móllate polos ríos e que conta co apoio das administracións.

Os voluntarios e voluntarias que queiran participar poden achegarse no caso do Pexeigueiro ás dez da mañá a piscina municipal de Redondela. Para evitar aglomeracións compre inscrición previa no correo artelixoredondela@gmail.com. As dúas da tarde os que así o desexen poderán participar dun xantar popular, polo que convidan a levar comida da casa.

En Chapela, convocados pola Asociación de veciños, a cita será no Maceiras, un río que segundo denuncian sofren vertidos continuados e lembran que en limpezas anteriores retiraron todo tipos de residuos como baterías, cascallos de obras, uralitas empapadas, botes de pintura, rodas, pilas, electrodomésticos, illantes como o porexpan, compoñentes electrónicos. Incluso hai restos dun vehículo enteiro descompoñéndose. Tamén se aprecia outro tipo de vertidos polo fedor e turbidez das augas.

Por este motivo fan un requirimento público a Augas de Galicia da Xunta de Galicia e ao Concello para que tomen medidas efectivas para rexenerar este tramo do río da grave contaminación que padece e cuxa augas acaban na praia de Arealonga. Lembran que se trata dunha zona moi especial por ser o último reduto de natureza no centro urbano de Chapela e por ter varios elementos do noso patrimonio etnográfico: un lavadoiro, varios muíños e unha ponte de pedra, algo que descubrirán todos os que se acheguen a esta limpeza do domingo. Neste caso a inscrición debe facerse no 680718952 ou no enderezo avvchapela@gmail.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará