Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Soutomaior afronta o novo curso con máis alumnado e os mesmos problemas de transporte

soutocurso

Debido ao considerable aumento de matrícula rexistrado neste curso, o IES de Soutomaior solicitou a ampliación de prazas de transporte nas dúas liñas de autobús excepcionais de Arcade ante a imposibilidade coas prazas actuais de atender a demanda existente. Esta solicitude non foi aceptada polo Servizo de Transporte da Consellería de Educación polo que agora traballan con obxecto de acomodar ao maior números de alumnado nas prazas existentes.

O director do centro, Modesto Campos, explica que este ano o número de alumnos pasou de 408 a 452. Un incremento notable de alumnado sobre todo pola chegada de rapaces procedente de Vilaboa que escollen este centro na vez de optar por Pontevedra. As razóns serían sobre todo pola facilidade de acceso, ao contar dende Vilaboa cunha liña regular de transporte a Soutomaior e tamén por estar nun núcleo pequeno e en zona rural, característica que moitas familias agradecen.

Modesto Campos, director IES Soutomaior

A cara negativa deste incremento é que se incrementa tamén o problema do transporte, unha demanda recorrente deste centro porque non hai praza suficientes para atender a todos os rapaces que solicitar o uso do autobús. Os afectados son aqueles alumnos que residen a menos de 2 quilómetros do Instituto, é dicir, o alumnado das paradas excepcionais que non teñen dereito a servizo segundo a normativa.

Dende a dirección do centro traballan para acomodar parte do alumnado afectado nas prazas que queden libres nas outras liñas. Tamén se recolocará o alumnado de Bacharelato, etapa postobrigatoria sen servizo de transporte, se hai prazas.

Problemas por falta de transporte

Outro dos problemas do instituto é a carencia de espazos cubertos no exterior, carencia que podería resolverse neste mesmo curso, segundo compromiso da Consellería.

Espazos cubertos
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará