Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine ao aire libre en Reboreda

mariposas

Redondela celebra este verán o ciclo “O cinema na memoria” coa proxección de longametraxes de marcado carácter histórico e social dentro da programación do Ano das Mulleres da Illa de San Simón. O mal tempo obrigou a pasada fin de semana a suspender o primeiro pase, previsto co filme “Mientras dure la guerra”, de Alejandro Amenábar. O ciclo estrearase mañá sábado en Reboreda, no campo da festa, coa longametraxe “A lingua das bolboretas”, a primeira das dúas proxeccións baseadas en novelas de Manuel Rivas. A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acollerá o 3 de xullo a proxección de “O lapis do carpinteiro”. O ciclo péchase co documental “Aillados” no campo de San Pedro en Cesantes, centrado na Illa de San Simón, cárcere dos presos políticos do réxime franquista. A illa foi testemuña de tráxicos episodios e tamén da xenerosidade e heroísmo das madriñas da Illa. Mulleres que foron quen de, con risco das súas propias vidas, tecer unha rede solidaria de axuda ás persoas encarceradas. Este ciclo de cinema quere lembrar “a escuridade da ditadura franquista para que tempos terribles como eses non se volvan a repetir”. Abrir a reflexión na sociedade redondelá “sobre a defensa dos valores democráticos” é un dos obxectivos que busca o ciclo “O Cinema da Memoria”, iniciativa que se desenvolve dentro das actividades do Ano das Mulleres da Illa de San Simón. Todas as proxeccións terán lugar ás 22:30 horas e terán entrada gratuíta con aforo limitado para garantir a seguridade sanitaria das persoas asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará