Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O lume dos fachos regresa á Peneda

Fachos

Asistentes á Noite dos Fachos nunha edición anterior

A situación sanitaria obriga a celebrar este ano unha Noite dos Fachos con certas restricións e traballo extra para os organizadores. Pero a emoción desta noite máxica na Peneda, cos fachos acesos iluminando o camiño cara a cima, será a de sempre. Nesta cita celébrase o solsticio de verán facendo unha peregrinaxe nocturna cos fachos acesos ata a cima do monte da Peneda. Foi a asociación cultural Alén Nós a que recuperou hai máis de dúas décadas esta tradición. A falta de apoios levou a este colectivo redondelán a suspender a celebración en 2018. Grazas ao pulo de asociacións como o colectivo veciñal Pozovello de Arcade e as comunidades de Montes de Arcade de Riba e do Viso recuperouse en 2019. Logo de que a pandemia da Covid impedira o ano pasado celebrar esta tradicional romaría, o lume regresará o sábado, día 26, na que será a súa 24ª edición. Bruno Rodríguez, un dos organizadores, sinala que “malia as dificultades para organizar a actividade cos protocolos Covid, había que facelo para non perder esta fermosa tradición”.

Bruno Rodríguez, secretario da comunidade de montes de Arcade de Riba

Por mor das restricións sanitarias a participación será moito menor á habitual desta noite máxica, cun aforo máximo de 200 persoas que xa está case completo. Sairán ás 23:30 horas dende o cruce da estrada do Viso coa que leva á Peneda, o monte que separa Redondela de Soutomaior. Ao contar cun único acceso, a organización poderá controlar en todo momento a participación. Unha vez na cima os participantes deberán permanecer sentados nas cadeiras que estarán colocadas con distancia de seguridade.

As restricións sanitarias obrigan a limitar a participación a 200 persoas

Os asistentes percorrerán os 1.500 metros ata a cima do monte cos fachos acesos, e unha vez no torreiro farase a tradicional “invocación”. O pregón correrá a cargo da escritora e xornalista Montse Fajardo, e non faltará a queimada co seu conxuro a cargo do bruxo Noé Massó. Bruno Rodríguez recoñece que será unha celebración “diferente” a doutros anos por mor das limitacións, pero aseguro que “a maxia e a esencia da Noite dos Fachos manterase como sempre”.

A Noite dos Fachos deste 2021 será diferente “pero manterá a maxia e a esencia de sempre”

Os que queiran participar desta noite máxica e o seu lume purificador poden informarse no enderezo electrónico fachos2021@gmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará