Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para solicitar as axudas para o desenvolvemento de programas de Servizos Sociais

benenestarsocial

A Concellería de Servizos Sociais lembra as persoas interesadas que o vindeiro 1 de decembro remata o prazo de solicitude de axudas para o desenvolvemento de servizos sociais para este ano 2020. As axudas, cun importe global de 10.000 euros, están dirixidas a todas as asociacións ou colectivos sen ánimo de lucro, legalmente constituídos, que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e cuxas liñas de traballos se centren en programas vencellados con este departamento.

Neste sentido poderanse beneficiar destas subvencións programas de prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social e a accesibilidade; promoción do voluntariado social; atención á infancia en colectivos que traballen con nenas e nenos redondeláns; prevención do illamento social das persoas maiores do municipio ou a prevención e promoción de hábitos saudables.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará