Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate a derrogación das taxas para as terrazas da hostalaría

Terrazas

A sesión plenaria do mes de novembro no Concello de Redondela celébrase hoxe ás 20.00 horas de xeito telemático, por mor das restriccións que marca a pandemia, e poderá seguirse en directo por Facebook. Entre os asuntos na orde do día, está a derrogación das taxas pola ocupación da vía pública por parte das terrazas dos locais de hostalaría. Trátase dunha medida que o goberno local quere adoptar para axudar ao sector, que atravesa unha difícil situación por mor da Covid-19. Tamén se fará a declaracións institucional do 25N, co gallo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, e sobre o cese do Fin do Alto ao fogo no Sáhara Occidental. Outro dos asuntos a tratar pola corporación municipal será a modificación da composición dos Consellos Parroquiais de Quintela, Cabeiro, Santo Estebo de Negors, Reboreda, O Viso e San Vicente de Trasmañó. A sesión plenaria retrasmitiranse en directo polo Facebook do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará