Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG urxe ao goberno galego a dotar Soutomaior “dos profesionais sanitarios que necesita”

Manuel Lourenzo

O deputado Manuel Lourenzo explicoulle ao conselleiro de Sanidade que a veciñanza “precisa médicos, non máis cortinas de fume”. Denunciou “o desmantelamento” da atención primaria en Soutomaior, que actualmente conta con dous facultativos e outro de Asistencia Pública Domiciliaria para unha poboación de 7.500 habitantes. Isto supón ratios de entre 1.600 e 1.800 pacientes por médico e ata tres semanas de espera para ter unha cita, segundo denuncian os veciños.

O deputado do BNG recalcou que o centro médico de Arcade conta cun só médico, o consultorio de Ponte Sampaio recuperou a actividade “logo das importantes mobilizacións sociais” tamén cun só médico, e o consultorio de Romariz segue pechado. Logo de repasar as graves deficiencias na atención sanitaria no municipio, Lourenzo recriminou ao goberno galego que “non só non achegou nin unha soa solución, senón que mesmo agravan o seu maltrato á veciñanza de Soutomaior”. Neste sentido, acusou tanto ao Goberno galego como ao goberno local, tamén do PP, de “estar ríndose da veciñanza” e emprazou ao conselleiro de Sanidade a acometer “con rigor” a súa xestión no municipio. Demandou para Soutomaior a construción dun novo centro de saúde “que contemple as necesidades dos profesionais e da veciñanza e non unha ampliación do actual”. Lourenzo considerou “como única saída” para os veciños “continuar coas mobilizacións”, que, segundo avanzou, “seguirán contando co apoio do Bloque”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará