Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comercios de Redondela súmanse aos descontos do Black Friday

black
Enrique Lago é o presidente da Asociación de Empresarios de Redondela

A moda do Black Friday chegou para se quedar, e neste ano tan difícil quere ser un revulsivo para o consumo. Co obxecto de evitar aglomeracións e favorecer unha compra máis cómoda, o comercio local propón dúas xornadas de descontos e grandes promocións para os días 27 e 28. Faise coincidir ademais co acendido das luces de Nadal para animar a unha compra nun entorno comercial máis agradable e luminoso. A venta online gaña presenza a través da páxina comprar en Galicia con produtos especialmente rebaixados neste días e coa posibilidade de obter vales de compra por valor de 5 euros.

Dous días de descontos ao que se suman medio cento de comerciantes e que busca animar ao consumo nun ano sen precedentes, con confinamentos e peches perimetrais que están a dificultar a actividade comercial. Dende a Asociación de Empresarios coordinan a posta en marcha desta campaña con grandes promocións durante os días 27 e 28. Unha campaña que se desenvolve en dúas xornadas para evitar aglomeración e garantir espazos de compra seguros.

Coincide ademais co acendido da iluminación de Nadal para que “estas xornadas de compra se realicen nun entorno comercial mais fermoso grazas as decoracións e iluminación navideña promovida dende o Concello”.

Unha das apostas desta edición do Balck Friday pasa por fomentar o comercio online a través da plataforma Comprar en Redondela. Coa plataforma de venda plenamente operativa e superada a fase de formación e aprendizaxe das ferramentas de xestión chega agora a quenda dos comercios para que comecen a subir os seus produtos. O cliente poderá así ver, elixir, comprar ou achegarse á  tenda coa decisión tomada para que o proceso de compra presencial se poida realizar de forma rápida e segura. Unha plataforma que superou xa as 200 primeiras operacións en venda e cun ticket medio que vai crecendo mes a mes ata situarse nunha media superior aos 60 euros.

Cada vez máis establecementos súmanse á plataforma Comprar en Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará