Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela clama contra as 41 mulleres asasinadas pola violencia machista

IMG_20201125_122342

“Contra a tiranía da beleza, do silencio, do patriarcado, da violencia, do maltrato e a morte”. Un berro contra a violencia machista que se escoitou este 25 de Novembro en Redondela nun acto institucional no que se instou a traballar dun xeito coordinado e global para erradicar esta lacra social que se viu agravada por mor da pandemia obrigando ás vítimas e os seus fillos a convivir máis de preto co seu agresor.

Quen non ten alguén próximo que sufrise violencia machista? Esta era a pregunta que lanzaba a artista Uxía Morán, encargada de abrir o acto organizado polo concello de Redondela co gallo do Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres coa performance “A ultima cea”. O percorrido dunha noiva cara a morte que ve truncado o soño dunha vida feliz pola violencia machista. Unha obra inspirada na situación que sufriron moitas mulleres durante o franquisto entre a represión da ditadura e as agresións ás que estaban sometidas no ámbito familiar.

Uxía Morán. Performance “A última cea”

Unha performance, ás portas do Multiúsos da Xunqueira, que serviu de preludio á lectura do manifesto deste 2020, lido por Joshua Mateo, fillo da veciña de Chapela asasinada en 2017 pola súa exparella. Joshua instaba a volver “ás raíces para non esquecer” e lembrou ás Bolboretas, as irmás dominicanas Mirabal, coñecidas polo seu activismo e que foron perseguidas, torturadas, xulgadas e asasinadas o 25 de novembro de 1960 durante o réxime ditatorial de Trujillo.

Joshua Mateo. As irmás bolboreta

Un manifesto onde se fixo fincapé en que “queda moito por facer pero non se pode dar nin un paso atrás”. Por iso instaba á sociedade e toda a cidadanía a comprometerse na erradicación da violencia contra as mulleres así como a traballar, administracións, sociedade civil xunto á cidadanía dunha forma coordinada e global.

Incide na necesidade de incrementar a coordinación

Unha situación que se viu agravada coa pandemia, meses nos que se foi afondando na brecha de xénero tanto no ámbito público como privado coa posta en marcha de medidas extraordinarias, como o confinamento, que puxeron en perigo a mulleres e crianzas convertendo o fogar nun lugar inseguro e violento.

“A pandemia agravou a situación de moitas vítimas”

Por iso incidiu en que é necesario manter os recursos do pacto de estado contra a violencia machista, as axudas económicas e os recursos directos e indirectos, así como os centros de atención e asistencia.

A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacaba que detrás de cada unha desas 41 mulleres asasinadas hai un nome e unha vida que foi arrebatada pola violencia contra as mulleres.

Alcaldesa Digna Rivas

Rivas reivindicou a necesidade de apoiar con medidas e axudas económicas ás fillas e fillos desas mulleres, cuestión no que está a traballar o Concello de Redondela coa elaboración dun protocolo de actuación.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará