Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por un presunto caso de violencia machista

PAC redondela

Axentes da Policía Nacional detiveron onte a un home de 32 anos, veciño de Redondela, tras a denuncia da súa parella, de 31 anos de idade. A muller acudira ao Centro de Saúde da vila cun golpe na cara, e denunciou que sufría agresións de xeito reitarado.

Os feitos aconteceron na xornada de onte, sobre as 15.20 horas, cando a muller acudiu ao PAC de Redondela (Punto de Atención Continuada). Presentaba un golpe nun pómulo, e manifestou que fora a súa parella a que a golpeara, e que as agresións se repetían de xeito reitado. Demandada a presenza da Policía Nacional, os axentes dirixíronse ao domicilio da parella. Alí detiveron ao presunto agresor, un veciño de Redondela de 32 anos que se atopaba na casa coidando dun neno de curta idade, fillo da parella. A Policía Local trasladou á vítima ao seu domicilio, logo de ser atendida no centro de saúde. Está previsto que o detido pase hoxe a disposición xudicial.

Os corpos e forzas de seguridade lembran que exite un teléfono de atención ás vítimas, o 016. É gratuito e non deixa pegada na factura telefónica, malia que si é preciso borralo da listaxe do teléfono móbil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará