Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero

GrupoEu

Deixar o pasado atrás para comezar a ser a persoa que se quere ser. Iso foi o que supuxo para as participantes desta primeira edición do obradoiro de Eu Rural os días e experiencias que compartiron. Agora os testemuños destas mulleres aparecen recollidos nun vídeo documental que se estrea este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, de forma simultánea nas redes sociais dos 13 Concellos que integran o grupo, entre eles Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

As mulleres que participaron no obradoiro falan da súa experiencia

Con esta acción, xunto cos municipios de A Guarda, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui súmanse de forma activa á loita contra todo tipo de violencia. O traballo conxunto que os Concellos desenvolven en outros eidos como o desenvolvemento económico ou o turismo trasládase así tamén á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. A maiores das iniciativas que cada municipio ten previstas para conmemorar o 25N, comprometéronse con esta acción conxunta conscientes de que “unidos a loita será máis visible” e que dende as institucións “debe liderarse o traballo pola igualdade en todos os eidos e contra calquera tipo de agresión física, verbal ou psicolóxica”. O documental, de seis minutos de duración, resume o acontecido na primeira edición do curso de autoestima e empoderamento feminino organizado por Eu Rural o ano pasado en Tomiño, no que xorden diferentes historias de superación entre as participantes, todas cun denominador común: deixar o pasado atrás e mirar cara o futuro con forza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará