Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia que o CIM leva dúas semanas sen avogada para asesorar ás vítimas de violencia

BastosPP

Os populares de Redondela advirten que o contrato rematou o pasado 10 de novembro sen que o Concello tramitase a súa prórroga. Advirten tamén que en dous anos en Redondela “perdéronse 28 postos de traballo para mulleres víctimas de violencia de xénero”.

A concelleira do PP Sandra Bastos entende que a batalla para acabar coa violencia de xénero “ten que ser incesante e que todos os días do ano”. Por iso lamenta que desde hai 15 días o Centro de Información á Muller (CIM) de Redondela non teña avogada ao finalizar o contrato que levaba en marcha desde o ano 2016. Culpan da situación á alcaldesa, Digna Rivas, resposable da área de Igualdade, por non anticiparse ao fin deste contrato “e deixando sen apoio legal a mulleres sen recursos ou nun estado de vulnerabilidade”. Bastos denuncia tamén que nos dous últimos anos a Concellería de Igualdade non optase ás subvencións para a contratación de mulleres vítimas de Violencia de Xénero, dependnetes da Xunta de Galicia, polo que permitiría 28 mulleres vítimas de violencia machista “perderon a posibilidade de traballar”. Por outra banda sinala que o grupo municipal do PP redondelán “apoia completamente e sen reserva algunha todas as accións, decisións e actividades que aprobe o goberno local para axudar a denunciar, combater e acabar coa violencia de xénero, en todas as súas formas e axudar ao empoderamento das mulleres”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará