Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concepción Arenal dálle nome ás oficinas de Servizos Sociais

Colocación placa Concepción Arenal

O concello de Redondela recoñece a esta pioneira no feminismo español, experta en dereito, xornalista, poeta, pensadora e autora dramática coa colocación dunha placa nas novas dependencias de Servizos Socias, situadas nun lugar tamén simbólico para o feminismo como é a rúa 8 de Marzo.

A Concepción Arenal. (1820-1879). “En memoria dunha muller que fixo da xustiza social e da igualdade o guieiro da súa vida’. Así se pode ler na placa que dende este martes dálle a benvida a todo aquel que se achegue ás oficinas de Servizos Sociais e que era descuberta na véspera do 25N pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto ás concelleiras Olga García, Marta Alonso e ao edil Daniel Boullosa.

A rexedora local subliñou que ningún nome sería mellor que o desta muller que “foi adiantada ao seu tempo en moitos eidos, non só no literario ou no xornalístico, senón tamén como pioneira do feminismo en España”.
Rivas lembrou que Concepción Arenal, ao longo da súa vida, denunciou con insistencia a discriminación das mulleres do século XIX”.Tristemente moitas das reflexións que escribiu no seu libro ‘Estado actual de la muller en España’ seguen a ter plena vixencia a pesar de ter pasado máis dun século” como sinalaba a alcaldesa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará