Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Joshua Mateo será o encargado de ler o manifesto institucional do 25N

violencia

O Concello de Redondela conmemora o día contra a violencia machista con diferentes actos marcados pola crise sanitaria. Unha programación que centra a súa actividade presencial ao acto institucional deste mércores, que está previsto que se desenvolva as portas do Concello se o tempo o permite. Unha das voces que se poderá escoitar é a do fillo de Sesé Mateo, quen dende o asasinato de súa nai a mans da súa exparella no 2017 en Chapela, tense convertido en todo un loitador contra a violencia de xénero.

A lectura do manifesto institucional poderá ser seguida en directo ou a través do facebook do Concello, do mesmo xeito que a performance da actriz ourensá Uxía Morá, encargada de interpretar unha peza teatral que leva por nome “A última cea” na que retrata a dura realidade da muller maltratada. “Unha acción que busca remover conciencias e sensibilizar a cidadanía cara esta lacra” en palabras da alcaldesa, Digna Rivas.

Unha performance para remover conciencias

Un 25N que está a deixar bolboretas en edificios institucionais, centros educativos, centros sociocomunitarios, asociacións culturais pero tamén en vivendas e comercios que se sumaron a esta proposta que busca lembrar as irmás Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, cuxo asasinato a mans do réxime de Trujillo na República Dominicana deu orixe ao Día Mundial da Non violencia contra as mulleres.

Coñecidas como “Las Mariposas”, co obxecto de lembrar a orixe desta data o Concello promove vestir o municipio de “bolboretas”.

As bolboretas lembran ás irmás Mirabal
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará