Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Suárez: “A predisposición dos rapaces é espectacular”

ChocoAlberto

O Xuvenil de División de Honra do Choco acadou a súa primeira vitoria da temporada na 4ª xornada. O técnico confía en sumar ante o Racing de Ferrol, ao que se enfrontan este sábado en Santa Mariña. O obxectivo é consolidar ao equipo nesta categoría, un reto “complicado” co que soñan.

Pola mínima e sufrindo ata o último minuto. Así foi a primeira vitoria da temporada para o equipo que adestra Alberto Suárez. Cos 3 puntos ante o Pabellón Ourense o conxunto encadea dous partidos en positivo, logo do empate en Santiago de Compostela. O técnico amósase moi contento co resultado, non só polo que supón no casilleiro, senón sobre todo pola “confianza” que ofrece aos xogadores. Trátase de xogadores que debutan nesta categoría, e tamén é a estrea do club no máximo nivel do fútbol estatal, e ata o de agora os resultados “non foran xustos co xogo do equipo”.

Alberto Suárez, adestrador do Choco xuvenil de División de Honra

Esta fin de semana repiten como locais, e tentarán alongar esta xeira positiva. No partido, que se disputa o sábado en Santa Mariña ás 17.00 horas, terán en fronte ao Racing de Ferrol. Un histórico da categoría que de seguro non lles vai poñer as cousas doadas. Suman dous puntos, con dous empates, e unha xornada menos disputada xa que se viron obrigar a aprazar o partido da pasada fin de semana ante o Celta. Un parón na competición que podería aproveitar o Choco.

O sábado reciben en Santa Mariña ao Racing de Ferrol

Malia levar poucas semanas de competición, Suárez coñece ben ao rival, xa que na categoría contan cunha plataforma a través de internet na que se emiten todos os partidos, co que poden estudar o seu xogo. O lado negativo, afirma o técnico, é que os rivais “tamén te coñecen a ti”. O obxectivo do técnico e ir consolidando ao equipo, que os xogadores collan máis confianza, e poder manter a categoría. É consciente de que o reto é “moi complicado” pero non dubida da capacidade dos rapaces. Asegura que a súa predisposición é “espectacular” e está convencido de que o equipo “competirá ata o final” pola permanencia.

O obxectivo de Suárez pasa por consilidar ao equipo na categoría

Á esixencia da competición, súmanse os protocolos por mor da crise santiaria da Covid-19. Distanciamento, límite de público nas gradas e realización de test aos xogadores cada dúas semanas son algunhas das esixencias. Con todo, para Suárez esta normativa é algo “ao que hai que acostumarse dentro da nova normalidade”. Afirma que son “uns privilexiados” por poder competir no deporte que é a súa paixón tamén nesta situación de pandemia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará