Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte desempregados poderán formarse en Cantería e Xardinería no obradoiro “Redondela máis que bela”

obradoiro

Un total de 20 persoas en situación de desemprego do municipio de Redondela participarán no obradoiro dual “Redondela máis que bela”, logo de que a Consellería de Igualdade e Emprego confirmase a concesión dunha subvención de 346.946 euros para a realización desta iniciativa formativa, importe ao que se engade a achega municipal de 62.500 euros. A formación centrarase en dúas especialidades Canteiría e Forestal-Xardinería, con dez alumnos por clase. Para poder participar é requisito imprescindible que as persoas estean en situación de desemprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e contar co certificado de ESO ou equivalente.

A concelleira de Emprego, María Castro, explicou que o alumnado deste obradoiro de emprego levará a cabo “traballos que, amais de permitirlles acadar unha cualificación profesional, beneficien ao conxunto de cidadanía” xa que realizarán traballos de mellora no Lavadoiro de Laredo de Laredo de Arriba, en Chapela, na contorna do Pavillón Municipal de Deportes da Marisma, no Paseo do Pexegueiro e na Finca de Pousadouro.

As persoas interesadas poderán obter máis información no Teléfono 986 402 664, de 9:00 h a 14:00 h e nas oficinas do Servizo Público Emprego de Galicia, de Redondela e Chapela.

A duración do proxecto será de 9 meses e os participantes terán un contrato para a formación e aprendizaxe e percibirán, polo tanto, o correspondente salario.

“Estas iniciativas –sinalou a alcaldesa Digna Rivas– permiten que as nosas veciñas e veciños en situación de desemprego, poidan contar coas ferramentas que lles permitan unha cualificación profesional e, por tanto, sexa máis doada a súa incorporación ao mundo laboral”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará