Hoxe é Xoves 9 de Febreiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello reclama á Xunta que retome as medidas provisionais contra Aucosa tras detectar un vertido á ría

Os veciños denuncian vertidos de Aucosa

A Concellería de Medio Ambiente insta á Xunta de Galicia a que aplique novamente as medidas provisionais que impedían a entrada de materia prima nas instalacións da planta en Cabanas tras detectarse este martes un vertido “procedente de Aucosa e que ten a súa orixe nas malas condicións nas que se atopa unha fosa séptica das instalacións”. Lembramos que a Xunta prohibira provisionalmente a entrada de material na planta o día 13 deste mes, pero a medida levantouse menos dunha semana despois.

Explican dende o goberno local que foron os propios veciños os que aletaron este martes dun vertido procedente da planta. Ata o lugar desprazouse o policía local de medio ambiente quen constatou que dito vertido “ten a súa orixe nas malas condicións nas que se atopa unha fosa séptica debido, aparentemente, á falta de mantemento”.

A concellaría de Medio Ambiente “comprobado que as instalacións da empresa non se atopan en condicións óptimas para o desenvolvemento da súa actividade sen provocar danos ao medio ambiente” insta á Dirección Xeral e a Augas de Galicia a adoptar unhas novas medidas provisionais contra a Auxiliar Conservera S.A. (AUCOSA) nas que se prohiba temporalmente a entrada nas súas instalacións de materia prima, en concreto, a suspensión temporal de admisión dos subprodutos animais e produtos derivados, materias primas que inclúe: recorte de cocido de peixe, cabeza fresca, peixe fresco, peixe conxelado e vísceras, de acordo coa primeira medida provisional adoptada pola Dirección Xeral comunicada a este Concello en data 13 de novembro de 2020.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará