Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Fonte da Raíña amosa a súa nova imaxe tras os traballos de recuperación

A Fonte da Raña en Cedeira en Redondela, unha vez rehabilitada

O Concello de Redondela deu por concluídos os traballos de recuperación da Fonte da Raíña, elemento patrimonial situado na parroquia de Cedeira. Os traballos leváronse a cabo ao abeiro das “Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago e realizáronse baixo supervisión dos técnicos co obxecto de reparar o estado de deterioro no que se atopaba.

Como primeiro paso para a restauración da fonte, procedeuse á retirada da figura de Santo André, que, lamentablemente, estaba en peor estado de conservación do esperado, xa que contaba con diversas fisuras na parte posterior que non se observaban a primeira vista.

A partir de aí, traballouse na recuperación da Fonte da Raíña eliminando as costras, liques e organismos vexetais cunha limpeza de todos os elementos de cantería por medios manuais e en vía húmida, traballos supervisados por un restaurador.

Posteriormente procedeuse á eliminación de gretas e xuntas de cantería ou encintados, por parte dun restaurador titulado, profesional que tamén encargouse da reintegración volumétrica de faltas en elementos de cantería que dean solución ás roturas e desprendementos que presenta a fonte. Doutra banda, e aínda que os informes non o consideran “unha patoloxía” restaurarase a reixa de fundición que protexe a imaxe.

Unha actuación que permite recuperar esta fonte da Raíña, elemento patrimonial situado na parroquia de Cedeira –preto do Camiño Portugués pola Costa– e situado dentro da contorna de protección doutros elementos de patrimonio cultural da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará