Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatan un corzo que quedara atrapado nunha fochanca en Soutomaior

corzo

Axentes de protección Civil de Soutomaior participaron esta semana no rescate dun corzo salvaxe logo de seren alertados por varios veciños da zona tras ver un animal atrapado nunha fochanca. Ata o lugar desprazáronse membros de Emerxencias de Protección Civil xunto con axentes da Policía Local da localidade que tamén colaboraron no operativo de rescate.

O corzo estaba atrapado logo de enlearse cos restos dun arame nunha pata, quedando coa mobilidade moi restrinxida o que lle impedía saír do buraco no que se atopaba. Os axentes procederon a inmobilizar ao animal e a cortar e retirar o arame, comprobando que presentaba unha ferida de importancia nunha das súas patas.

Carlos Bas, presidente de Protección Civil explicaba o que lle aconteceu ao animal e como se procedeu ao seu rescate

Tras valorar o seu estado descartouse soltalo no seu medio natural e foi trasladado ás dependencia do Centro de Recuperación de Fauna da Xunta de Galicia en Cerdedo-Cotobade.

Nestes momentos recuperase satisfactoriamente da súa ferida e, unhavez se atope totalmente recuperado e nas condicións óptimas para poder sobrevivir no seu entorno natural, será devolto o mesmo.

Malia atoparse en mal estado, confían en que o animal se recupere
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará