Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta dálle 15 días ao Concello para remitir o certificado de crédito da reforma da Av. Mendiño

mendiño

De non ser así entenderán que renuncia a subscribir o acordo de colaboración para a execución destas obras. Así se recolle no escrito enviado polo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) á alcaldesa de Redondela, no que urxe a que se remita ese certificado canto antes e lembra que a actuación tamén está pendente da autorización de Costas dende novembro de 2019. Francisco Menéndez amosa a súa sorpresa polo feito de que o Concello non asuma a colocación dos catro semáforos que recolle o proxecto, o que suporía 5.750 euros mentres a Xunta “asume intervencións que exceden o eido da xestión de estradas, como a renovación de mobiliario urbano por importe de 67.000 euros”

Continúan o cruzamento de declaracións entre Xunta e Concello de Redondela pola reforma da PO-363 á altura da zona da Marisma e ata o porto de Cesantes. O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, remitiu un escrito á alcaldesa Digna Rivas, instando a que remita a certificación de que o Concello dispón do crédito necesario para cumprir o seu compromiso de cofinanciar a reforma, pola que “levan agardando dende o mes de marzo”. De non remitir a xustificación de crédito no prazo de quince días entenderán que a Administración local renuncia a subscribir o convenio de colaboración proposto, polo que a Xunta comezará a planificar as actuacións de conservación na estrada PO-363 de acordo á planificación e xestión que realiza no conxunto da rede de estradas de titularidade autonómica.

En canto a alegación presentada polo concello de Redondela para que se retire como un dos custes que ten que asumir o financiamento da semaforización “por non ser esta unha competencia local”, o director da AGI amosa a súa “sorpresa” xa que os catro semáforos que se prevén “aproveitan os báculos de iluminación dos pasos de peóns e a repercusión económica para o Concello suporía só 5.750 euros, non chegando ao 0,4% do importe total da actuación”

Menéndez tamén lembra no seu escrito que parte dos terreos nos que se prevén realizar as obras son de dominio público marítimo terrestre, polo cal é necesaria a autorización de Costas por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Segundo explica, a Xunta remitiu en novembro de 2019 o proxecto para a preceptiva autorización, reiterándose o envío da documentación no mes de xullo, sen que ata o de agora obtivesen resposta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará