Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baixar a cotización dos autónomos e prorrogar os ERTEs, entre as demandas da Asociación de Empresarios

empresarios

Membros da directiva da Asociación reuníronse co presidente da Asociación de traballadores Autónomos de Galicia, (ATA), Rafael Granados, co obxecto de poñer sobre a mesa sas necesidade máis inmediatas de cara a garantir a supervivencia dos autónomos. No  marco  da  reunión  puxéronse  en  común  a  situación  dos  distintos  sectores  na localidade e as diferentes necesidades entre as que destacan a necesidade de baixar as cotizacións sociais e as cotas dos autónomos, prorrogar a duración dos ERTE e as axudas por cese de actividade ou demandar un plan de Hibernación para o sector turístico e hostaleiro.

Outras medidas de axuda para paliar os efectos do coronavirus na economía pasarían por reducir o IVE da hostalaría, salóns de peiteado, florerías, e outros sectores especialmente afectados pola crise, aprobar un plan de axudas para alugueres e moratorias de pagos de subministracións de locais así como axudas directas a sectores como o do taxi, transporte ou ocio nocturno

Reclaman tamén axudas a adaptación ou reconversión de negocios, a moratoria e aprazamentos de impostos e que se modifique o actual sistema de recargas do 10 e ó 20%  nos pagos das cotizacións sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará