Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta confirma casos positivos en todos os Institutos e unha aula confinada na escola infantil

O coronavirus entra nas aulas

O positivo dun dos nenos da escola infantil pública de Redondela levou á Consellería a pechar unha das aulas deste centro a finais da semana pasada. Sen aulas pechadas pero con positivos entre o seu alumando traballan nos institutos do concello, xa que en todos eles hai algún caso confirmado de coronavirus. Segundo os datos da Consellería de Educación habería tamén casos no Alexandre Bóveda en Chapela (1), no Colexio de Reboreda (2) e no Colexio Vigo (2).

Os datos publicados pola Consellería na xornada de onte confirman o peche dese aula da Escola Infantil que na zona da Marisma acolle a nenos de 0 a 3 anos. Confirman tamén a existencia de positivos en todos os Institutos do Concello, cun caso confirmado no Instituto de Chapela e outro no IES Illa de San Simón. Sempre segundo os datos oficiais, o Pedro Floriani contaría con dous positivos entre o seu alumnado e no IES Mendiño habería tres alumnos contaxiados.

Os casos detectados produciríanse fóra do centro, onde as medidas que se están a aplicar impiden que se espalle o virus entre o alumnado, explican dende este último Instituto.

Hai positivos confirmados tamén nos colexios do municipio, con casos activos en Reboreda, o Alexandre Bóveda e o Colexio Vigo. En Redondela contabilízanse doce casos no total da comunidade educativa.

Descenso en Soutomaior

No concello veciño baixan o número de positivos, detectándose un total de 9 positivos: tres no Santiago Apostol, 3 no Padín Truiteiro e outros tres no Instituto.

Dende o Concello o alcalde Agustín Reguera confirmaba que “a situación non é boa, con 43 casos confirmados en todo o municipio” e facía un chamamento nas últimas horas a través das redes a “seguir respectando todas as medidas co máximo rigor para dobregar a curva”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará