Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes contará cun semáforo na N-550 nas inmediacións do Colexio Outeiro das Penas

O semáforo ubicarase na N-550 á altura do colexio de Cesantes

Os veciños desta parroquia levan anos reclamando esta mellora na seguridade vial nunha zona que rexistra un alto tránsito de peóns xa que é paso obrigado do Camiño de Santiago e do alumnado e familias do CEIP Outeiro das Penas. O Goberno local xa remitiu toda a documentación ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) quen expediu a correspondente autorización para que o Concello proceda á instalación do semáforo en Cesantes “solucionando así o que é un problema grave de seguridade”.

O paso de peóns regulado por semáforo, quedará instalado entre as dúas paradas de autobuses e a intersección de acceso ao CEIP Outeiro das Penas.

Dende o goberno local lembran que “en menos dun ano estamos a dar resposta ás demandas en seguridade vial dos veciños, xa que este semáforo en Cesantes chega despois do instalado en Angorén, na parroquia de Chapela, para permitir que alumnos e alumnas do CEIP Alexándre Bóveda puideran cruzar a N-552 sen risco algún”.

Ámbalas dúas actuacións eran “demandas da veciñanza que levaban anos sen ver satisfeitas e que este Goberno, á súa chegada ao Concello, considerou como de absoluta prioridade”, explica a alcaldesa Digna Rivas para quen “non hai nada máis importante que a seguridade dos nosos nenos e nenas e da veciñanza que circula a pe por estas dúas zonas e que, agora, poderá facelo de xeito máis seguro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará