Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortes no subministro eléctrico en Redondela, Reboreda e Chapela

corteluz

A Concellería de Medio Ambiente informa de cortes na electricidade nas madrugadas do venres 13 e o sábado 14 en diversas rúas tanto no centro da vila como nas parroquias de Reboreda e Chapela. Uns cortes debido ás obras de mantemento da rede eléctrica por parte da empresa UFD Distribución de Electricidad S.A.

Os cortes terán lugar o vindeiro Venres 13 de 3:30 ás 6:00 horas e o sábado 14 de 3:30 a 6:00 horas (dependendo da rúa que sexa).

Na madrugada do venres verán afectadas en Redondela a Rúa do Muiño, Esfarrapada, Espíritu Santo, Rúa Figueiral, Loureiro, O Carballo, Praza da Constitución, Adro e Campo das Redes. No mesmo horario cortarase tamén o subministro nos número 1 e 2 de Santo Paio de Abaixo en Reboreda.

O sábado 14 de 00:30 a 3:00 veranse afectadas en Chapela as rúas Camiño do Asibro, Travesía Jesús Fernández López, Avenida de Vigo, Rúa da Formiga e Camiño dos Abetos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará