Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior suspende a celebración da feira de Arcade

Clientes nun dos postos da feira

O Concello de Soutomaior decidiu suspender a feira dos días 13 e 26 na Alameda Tallo Río de Arcade. A medida estenderase, en principio, ao mes de novembro, pero poderase estender en función da evolución das condicións e restricións sanitarias que impoña a Xunta de Galicia.

Segundo a publicación do DOG, en referencia a mercadillos que desenvolven a súa actividade na vía pública, a orde sinala textualmente que “as feiras non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal”. Para compensar esta limitación, “os Concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou incrementar os días para o exercicio da actividade”.

Dende o Concello apuntan que ante a imposibilidade de garantir a seguridade sanitaria de veciños e comerciantes o máis responsable é suspender a celebración da feira este mes, pero aclarou que estarán atentos á evolución das condicións impostas pola Xunta para tentar recuperala en canto sexa posible.

Neste sentido, Agustín Reguera indicou que esta medida se analizará mensualmente xa que ao tratarse dunha actividade que leva aparellada a mobilidade de centos de persoas e ten unha relevancia económica moi positiva que tamén é necesario coidar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará