Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela executará ata o final de mandato proxectos por preto de 5 millóns de euros

senda-chapela

A Senda Verde nas antigas vías do tren de Chapela é unha das obras máis destacadas

O Concello de Redondela investirá ata final deste mandato preto de cinco millóns de euros en distintas actuacións desenvolvidas ao abeiro da Estratexia DUSI, un programa que comezou no 2016 e que busca implantar accións que convertan Redondela nunha cidade “amable, conectada e competitiva, tomando o patrimonio ambiental, histórico e cultural como eixo vertebrador da actividade económica, tanto no propio modelo de desenvolvemento sustentable da cidade como modelo de intervención do espazo público”.

No pasado ano o investíronse máis de 600.000 euros, dos 6 millóns que foron destinados ao concello a través dos fondos FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) e a Estratexia DUSI. Os traballos centráronse na recuperación do Cemiterio de Eidos e a oficina de Servizos Sociais de Redondela.

Neste ano 2021 executaranse actuacións que superarán os dous millóns de euros. Un dos proxectos máis importantes será a construción da Senda Verde de Chapela, na antiga vía do tren, cun investimento de preto de 800.000 euros. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que se trata dunha actuación que “mellorará a calidade de vida da veciñanza cun gran espazo de lecer demandado desde hai anos”. Na mesma zona instalarase tamén un skatepark do que, nestes momentos, está en trámite o borrador.

Digna Rivas fala da futura Senda Verde en Chapela

A humanización da Praza de Ponteareas é outro dos proxectos incluídos neste programa, coa supresión de barreiras arquitectónicas e a mellora da seguridade viaria de peregrinos e veciños. Nestes traballos investiranse preto dos 800.000 euros para mellorar a entrada natural do casco urbano e paso obrigado das dúas rutas xacobeas que conflúen en Redondela, o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.

A humanización da Praza de Ponteareas é outra das obras incluídas no plan DUSI

A rehabilitación do edificio do antigo Conservatorio será outra das obras que se executen ao longo deste ano, traballos que contarán cun investimento superior aos 350.000 euros. Será unha rehabilitación integral do interior da edificación para adaptala á normativa vixente de accesibilidade e seguridade. Na planta baixa instalarse a Oficina de Turismo e habilitarase un espazo para a promoción de eventos culturais.

Outra das melloras incluídas neste plan é a reforma e ampliación da Oficina de Servizos Sociais de Chapela, obras para ás que se destinarían máis de 200.000 euros. Rivas explica que a crecente demanda deste servizo, xunto á actual situación de crise sanitaria, deixou de manifesto “as eivas e necesidades destas instalacións, que agora se mellorarán”.

Os fondos europeos servirán para reformar o edificio de Servizos Sociais de Chapela

A rexedora local engade que, a estes proxectos que serán desenvolvidos durante este 2021, engádense outros “que de aquí ata o final deste mandato, suporán un investimento de máis de 4 millóns de euros que redundarán, directamente, na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas”. A rehabilitación do edificio das antigas vivendas dos mestres, na Avda. Mendiño, será unha das propostas do goberno local para incluír nos proxectos do próximo ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará