Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A recuperación da Fonde do Conde pon en valor o patrimonio de Arcade

FonteArcade2

Esta actuación responde ao interese do Concello de Soutomaior de recuperar as fontes existentes, o propio lavadoiro e a contorna no seu conxunto para adaptala ás necesidades actuais. Ponse así en valor un lugar de uso colectivo no que, antano, acudíase a lavar a roupa converténdose nun punto de encontro social, para o goce de veciños e visitantes. A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou xunto ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, estas obras de mellora froito dun convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello cun custe total do proxecto de preto de 15.000 euros. Tal e como explicou a representante autonómica, que cifrou en 9.650 euros a achega por parte da Xunta, os traballos consistiron na limpeza da pedra, selado da superficie, renovación do chan con granito e a instalación dunha nova escaleira, unha varanda, unha fonte de fundición e un sistema de iluminación. Asemade, instalouse un banco de pedra e un peche vexetal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará